xoves, 29 de outubro de 2020

XOGO INTERACTIVO "QUIZ SAMAÍN"

Boa tarde a tod@s!!

Retomo a actividade no blogue logo do descanso do verán e logo do agobio do comezo de curso, que se xa sempre está cargado de traballo moito máis neste curso tan, tan especial que vimos de iniciar.

E entre unhas cousas e outras, xa temos o Samaín á porta, así que creei este xogo de preguntas sobre esta celebración milenaria, esta tradición que, como ben sabedes, estase recuperando na nosa terra dende hai xa anos.

Espero que pasedes un bo rato con el, servirá para que coñezades canto sabedes sobre o Samaín e axudaravos a abrir a porta que conecta co mundo dos espíritos, pero tede moito ollo!! Hai espíritos bos, pero tamén malos...

Premede sobre a imaxe da pantalla de inicio do xogo e abrirase nunha nova xanela para xogar.

E para ambientarvos máis e mellor, activade o son!!

Saudiños e saudiña.

XOGO DO SAMAÍN



martes, 2 de xuño de 2020

CONTOS CONTADOS

Ola a tod@s!!
Sempre é un gustazo ler e son moitas, e todas boas, as cousas que nos aporta: melloramos a nosa expresión, enriquecemos o noso vocabulario, aprendemos ortografía casi sen querer, e..., por suposto, podemos vivir un montón de aventuras.
Igualmente é moi importante ademais de gratificante ler en familia, especialmente cos máis pequerrechos da casa que aínda non aprenderon a ler, estimularemos o seu desenvolvemento persoal e intelectual e crearemos neles a semente da afición pola lectura.
A editorial Kalandraka, editora de libros infantís e xuvenís, ofrece os seus contos "contados", xa que ten creado unha web na que, cada día, teredes un título distinto contado por alguén.
Hoxe toca, "Se che pica un mosquito".
Premede na imaxe.... e a coñecer un montón de historias!!
Saudiños e saudiña.

 kalandraka tv




domingo, 10 de maio de 2020

Máis actividades para "Les animaux"

Boa tarde,
Mentres algúns contan as horas que faltan para pasar á fase 1, déixovos máis actividades para complementar ao xogo "Les Animaux".
Estes son 5 xogos para traballar o mesmo vocabulario en francés.
Premedes na imaxe e xogaredes noutra nova xanela.
Que o disfrutedes!!

      3 en raya    Escolle a palabra correcta

 Fai parellas

 Crucigrama     Xogo de Memoria

xoves, 30 de abril de 2020

"Les Animaux"

Boas tardes!!
Hoxe un cambio de tercio, creei unha actividade para Lingua Francesa, concretamente para practicar léxico.
Trátase dun xogo de Memoria coas imaxes e o vocabulario dos animais, bueno, dos que a min se me teñen ocurrido, creo que atoparedes os máis comúns e algún que outro máis.
Premendo no debuxo do xogo, abrirase nunha nova xanela.
À apprendre!! Et à profiter!!

 Xogo "LES ANIMAUX"


venres, 24 de abril de 2020

Procesos Psicolóxicos Básicos

Boas a tod@s!!
Espero que sigades ben, hoxe traio un xogo para traballar os procesos psicolóxicos básicos.
Con cada pregunta acertada, lanzaremos un dardo e faremos diana. Ademais acompañaranos un amiguiño que nos aplaudirá os logros.
Téñome unido á xente de Aulas Galegas, o cal é un gustazo pois é ilusionante ver como hai mestres e mestras encantados de ofrecer de balde o seu tempo e o seu traballo na procura da mellora do ensino, polo que integrei no xogo o seu logo que vos levará á súa web onde atoparedes moitísimos recursos organizados por etapas e niveis e tamén, como non, para a atención á diversidade.
Premede na imaxe do xogo e abrirase nunha nova xanela. Espero que vos guste!!
 Xogo Procesos Psicolóxicos Básicos 1

venres, 17 de abril de 2020

Accións_1

Un día menos de confinamento!! E un xogo máis, tamén de elaboración propia e este un pouco nostálxico pola ambientación "retro". Así poderedes tamén contarlle aos vosos nenos e nenas as vosas historias de cando nós xogabamos aos "Marcianiños", que tempos eh? 
Pois ben, espero que disfrutedes, pequenos e grandes, xogando con esta estética a un xogo que ten por obxectivo recoñecer a acción representada no debuxo aínda que tamén inclúo tres opcións escritas para deste xeito poder traballar, en función da idade ou particularidades do alumnado a lectura ademais de aportar o apoio visual.
Se premedes co punteiro do rato sobre a imaxe do xogo, abrirase nunha nova xanela.
 XOGO ACCIÓNS 1

xoves, 16 de abril de 2020

O son "ch"

Creei este xogo para traballar a conciencia fonolóxica e pensando en que sexa o primeiro dunha serie adicada a diversos fonemas.
A dinámica do xogo é sinxela, débese escoller un debuxo dunha parella na que só un contén o son "ch", iso si, tomados os nomes en galego, claro está.
Por cada resposta correcta obtense unha peza dun puzle que se verá completado ao chegar ao final.
No remate incluín a opción de volver comezar o xogo.
Espero que vos guste e que sirva de axuda nestes tempos de confinamento. 
Se premedes na imaxe o xogo abrirase nunha nova xanela.
 Ir ao xogo "Palabras con CH"

Crebacabezas de Outono

       Déixovos unha actividade que veño de crear para este tempo, Crebacabezas con imaxes de outono, o Magosto, o Samaín, ... con posibilid...